bagazo

bagazo

(

  1. s m

    Residuos obtidos durante certos procesos de elaboración de alimentos, por exemplo as materias insolubles separadas por filtración durante a fermentación do mosto (viño, cervexa), os residuos de extracción da cana de azucre, os residuos do prensado das laranxas, despois de extraerlles o zume esencial, os residuos de olivas e sementes oleaxinosos despois de separarlles o aceite por presión, etc. No caso do viño, as partes sólidas da vendima, compostas de acios, bagullo, caguñas e residuos orgánicos e minerais que non se aproveitan na elaboración do viño, despois do prensado, déixanse fermentar para que os azucres se transformen en alcohol, para logo destilalo e obter a augardente de bagazo. Tamén se emprega como penso, esterco ou combustible.

    Ex: Temos que comprar un pouco de bagazo para completar outra potada máis.

    Sinónimos: bullo, bagaña, bagaño, bagullo.
  2. s m

    Cápsula na que se desenvolve a semente do loureiro dalgunhas árbores como o loureiro ou o sabugueiro, dos legumes e doutras plantas.

Palabras veciñas

bagaudas | bagaxe | bagaxeiro | bagazo | bagazose | Bagdache Khālid | Bagdad