Bagration, Piotr Ivanovič

Bagration, Piotr Ivanovič

Militar, membro da familia real armenia. Como xeneral do exército ruso participou na campaña de 1799 contra Francia e, posteriormente, nas guerras de Polonia, Italia e Suíza baixo as ordes de Suvorov. Ás ordes de Kutúzov, acadou para a Terceira Coalición (1805-1807) o éxito nas Batallas de Austerlitz, Eylau e Friedland. Así mesmo, foi comandante en xefe nas guerras contra Suecia (1808) e Turquía (1809). No 1812, cando a invasión napoleónica de Rusia, asumiu a dirección do segundo exército occidental.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Kisljar, Daguestán

  • Deceso

    Lugar : Sima