Bahamonde, Pedro
Bahamonde, Pedro
Escultor de orixe galega que traballou en Valladolid e Palencia. En 1732 realizou traballos na Igrexa de Autillo do Campo no retablo da Capela Maior, no cadeirado e nos púlpitos. Para a fachada da Catedral de Valladolid, esculpiu, entre 1732 e 1733, as imaxes de san Ambrosio, san Agustín, san Pedro, san Pablo e a Asunción. Á súa morte deixou o obradoiro en mans do seu fillo, Antonio Bahamonde Romero.