Baiona, marquesado de

Baiona, marquesado de
[HIST/HERÁLD]

Título concedido polo monarca Filipe IV a Xerome Pimentel o 5 de marzo de 1625. Na actualidade está vacante. As súas armas son as mesmas ca as dos Pimentel; isto é, escudo cuarteado: o primeiro e o cuarto cuarteis levan, en campo de ouro, tres faixas de goles; e o segundo e o terceiro cuarteis traen, en campo de sinople, cinco veneras de prata.