Baiona, Preceptoría de

Baiona, Preceptoría de
[HIST/EDUC]

Preceptoría de Gramática outorgada polo Rei Filipe II o 14 de setembro de 1591. Nun principio o concello de Baiona defendeu que a preceptoría debía unirse ao convento franciscano da vila, cun soldo de 20.000 marabedís, pero finalmente decidiu confiar o ensino a profesores da súa designación. No ano 1595 a cátedra apareceu vinculada ao convento franciscano. A duración da preceptoría na vila foi curta, pero o ensino quedou garantido, xa que o convento de San Francisco contaba cunha escola e unha cátedra de artes. No s XVIII constatábase no convento a existencia dunha escola de Gramática.