Baire, René

Baire, René

Matemático. No École Normale foi discípulo de Tannery e, en Italia, de Volterra e Dini. Exerceu como profesor de análise en Dijon entre 1905 e 1914. Descubriu as funcións que levan o seu nome e investigou as ecuacións en derivadas parciais. Está considerado, xunto con Poincaré, Borel e Lebesgue, como un dos fundadores da actual análise de variable real.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : París

  • Deceso

    Lugar : Chambéry, Savoia