Bakshi, Ralph
Bakshi, Ralph
Realizador cinematográfico. Revolucionou, no terreo ideolóxico e técnico, o cine de animación con Fritz the cat (1972). Posteriormente foi evolucionando neste xénero con Lord of the Rings (1978) e American Pop (1981). O seu estilo mesturaba trazos de Walt Disney e Alex Raymond, con referencias a Bosch, Arcimboldo, Holbein, Altdorfer e Dürer. Dirixiu tamén Hey good lookin (1984) e Cool world (1992).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Cincinnati, Ohio