Balaídos, ponte

Balaídos, ponte

Situada sobre o antigo leito do río Lagares, hoxe atópase en seco nun soar urbano do concello de Vigo. Conta cun único van de pedra con arco de medio punto. Formaba parte do antigo camiño que conducía de Vigo a Baiona salvando o río Lagares.