Balboa Rodríguez, Fernando
Barítono. Iniciou na Coruña a súa formación e continuouna na Escuela Superior de Canto de Madrid (1984). Bolseiro pola ACSE, asistiu ao primeiro curso de Interpretación da Música Contemporánea onde traballou as técnicas vocais de vangarda. Ofreceu o seu primeiro recital acompañado ao piano por Maximino Zumalave (1983). A partir de 1986 realiza gravacións para Radio Nacional de España, Radio 2 e TVE. Ademais de participar nas temporadas de ópera (Madrid, A Coruña, Oviedo, entre outras), xunto a figuras da lírica mundial como Alfredo Kraus, Renata Scotto, Teresa Berganza ou Plácido Domingo, interpretou o papel protagonista na estrea da ópera El Secreto Enamorado, de Manuel Balboa e Ana Rossetti (1993) e foi solista no Concerto de Fin de Ano da Orquestra Sinfónica de Galicia (1998). En 1999, baixo a dirección de James Ross, interpretou os Rückert Lieder de Gustav Mahler.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : A Coruña