Walpole, Robert

Walpole, Robert

Político inglés, I conde de Oxford. Foi deputado, líder dos whigs, ministro da Guerra (1708-1710) e tesoureiro da frota (1710-1711). Como chanceler do Exchequer (1720-1740) dirixiu a política do país. Partidario do liberalismo económico, impulsou a expansión económica, favoreceu o desenvolvemento industrial e financeiro, a agricultura, o comercio e a explotación colonial, e sentou as bases da hexemonía económica británica. Declarou a guerra contra a monarquía hispánica (1738-1739) en América, onde non obtivo resultados positivos. Ante a inminente intervención británica na Guerra de Sucesión de Austria, perdeu a maioría parlamentaria e dimitiu (1742).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Houghton, Norfolk

  • Deceso

    Lugar : Londres