Weimar, República de
Weimar, República de
Período da historia de Alemaña que vai desde novembro de 1918 ata xaneiro de 1933. O réxime republicano xurdiu da Asemblea de Weimar, padeceu inestabilidade política (19 gobernos) e tivo que enfrontar as consecuencias da Primeira Guerra Mundial (reparacións de guerra e ocupación da conca do Ruhr por parte de Francia) e da crise económica mundial de 1929. Non puido impedir o ascenso de Hitler ao poder (1933), que supuxo o fin da república.