Welles, Orson
Actor e director cinematográfico. Dedicouse nun principio ao teatro e á radio, medio en que se deu a coñecer pola súa adaptación (1938) de The War of the Worlds de H.G. Wells, en que difundiu en forma de noticia unha invasión extraterrestre. A súa obra cinematográfica mostra unha visión moi particular do mundo e da sociedade, mediante unha linguaxe audaz e unha renovación técnica absoluta, con novos tratamentos da iluminación, movementos da cámara ou montaxes. lang=EN-GB mso-ansi-language:EN-GB >Dirixiu e protagonizou os filmes Citizen Kane (1941, Oscar ao mellor guión orixinal en 1942),The Lady of Shanghai (1947), Macbeth (1948), Othello (1952, Gran Premio do Festival Internacional de Cannes), Touch of Evil (1958), The Trial (1962), Chimes at Midnight (1965), The Immortal Story (1969) e The Other Side of the Wind (1974). Actuou en diversos filmes e recibiu un Oscar honorífico en 1971.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Kenosha, Wisconsin -
Deceso
Lugar : Los Angeles, California