Wells, Herbert George

Wells, Herbert George

Novelista inglés. Foi un dos precursores da literatura de ciencia fición. A súa produción divídese en tres períodos, o primeiro caracterízase por unha acertada mestura de ficción e realismo, como en The Time Machine (1893), The Island of Dr Moreau (1896), The Invisible Man (1897) e The War of the Worlds (1898). No segundo período achegouse á comedia social, como en Ann Veronica (1909) e The New Macchiavelli (1911), e no último acentuou a súa desconfianza no progreso humano, como en The World of William Clissold (1926).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Bromley, Kent

  • Deceso

    Lugar : Londres