Wiesbaden
Wiesbaden
Capital do land de Hessen, Alemaña (268.716 h [2000]). Situada á dereita do Rin, ao pé do Taunus e fronte a Mainz, ten industrias papeleiras e de material plástico. Antiga capital do ducado de Nassau, pasou a Prusia no s XIX. Despois da Primeira Guerra Mundial foi sede da comisión aliada durante a ocupación (1918-1929).