Wiesel, Eliezer

Wiesel, Eliezer

Escritor. Presidente do Holocaust Memorial Council de Washington, adoptou a lingua francesa despois da guerra e publicou a triloxía La nuit (1958), L’aube (1960) e Le jour (1961), centrada na súa experiencia no holocausto, ademais de Le testament d’un poète juif assassiné (1980) e Le cinquième fils (1983). En 1986 foille outorgado o Premio Nobel da Paz.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Sighet, Romanía