Wilde, Oscar

Wilde, Oscar

Escritor. De nome Oscar Fingal O’Flahertie Wills Wilde, defendeu a estética da “arte pola arte”. lang=EN-GB mso-ansi-language: EN-GB >Destacou como dramaturgo con obras como Vera or the Nihilists (1880), Lady Windemere’s Fan (1892), Salomé, escrita en francés e base da ópera de R. Strauss, A Woman of no Importance (1893), An Ideal Husband (1895) e The Importance of Being Earnest (1895). Nesa data condenárono por homosexualidade a dous anos de prisión, onde escribiu The Ballad of Reading Gaol (1898) e Epistola: In carcere et vinculis ou De profundis (1960). Publicou unha única novela, The Picture of Dorian Gray (1891), contos infantís (The Happy Prince, 1888) e diversas narracións (Lord Arthur Savile’s Crime, 1891). O seu ensaio The Soul of Man Under Socialism (1891) foi moi valorado polos pensadores radicais da época.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Dublín

  • Deceso

    Lugar : París