Wilson, Thomas Woodrow

Wilson, Thomas Woodrow

Político. Formou parte da á liberal do Democratic Party. Presidente de EE UU (1912-1921), impulsou unha política económica renovadora: creou o imposto persoal sobre a renda e fixo aprobar a Clayton Anti-Trust Act (1914). Durante a Primeira Guerra Mundial procurou manter o principio de non-intervención, pero declarou a guerra a Alemaña en abril de 1917. Ao ano seguinte propuxo os seus 14 puntos que debían asegurar a consecución dunha paz xusta. Foi un dos defensores da Sociedade de Nacións. Recibiu o Premio Nobel da Paz en 1919.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Stauton, Virginia

  • Deceso

    Lugar : Washington