Winnipeg
Winnipeg
Lago de Canadá, situado no S da provincia de Manitoba, no extremo suroeste do escudo canadense (24.514 km2). Os seus principais tributarios son o Red River of the North, o Winnipeg e o Saskatchewan. O seu emisario é o río Nelson, que desauga na baía de Hudson.