Winnipeg

Winnipeg

Capital da provincia de Manitoba, Canadá, situada na confluencia dos ríos Red e Assiniboine, ao S do lago homónimo e a medio camiño entre o Atlántico e o Pacífico (619.544 h [2001]). Está situada no extremo oriental das Grandes Chairas, nun cruzamento de vías navegables que enlazan coa baía de Hudson, o Mississippi e os Grandes Lagos. É un gran mercado agrícola e predominan as actividades vinculadas co transporte.