Wittgenstein, Ludwig Joseph Johann

Wittgenstein, Ludwig Joseph Johann

Filósofo. Naturalizado inglés, interesouse pola lóxica e os fundamentos da matemática. No Tractatus logico-philosophicus (1922) trata de dar unha saída aos problemas non resoltos polo positivismo clásico respecto ás matemáticas, á ciencia e á filosofía. A filosofía non é un saber, senón unha actividade, e a súa finalidade é aclarar as proposicións; así, a filosofía circunscríbese a unha análise da linguaxe. lang=EN-GB mso-ansi-language:EN-GB >Escribiu Philosophische Unterschungen (Investigacións filosóficas, 1953) e Lectures and Conversations on Aesthetics, Psychology and Religious Belief (1968).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Viena

  • Deceso

    Lugar : Cambridge