Worringer, Wilhelm Robert

Worringer, Wilhelm Robert

Crítico e historiador da arte alemán. Partiu da pura visualidade da escola de Viena, pero decantouse cara á teoría da Einfühlung ou empatía, postulada por Theodor Lipps (1903-1906), integrándoa co concepto de abstracción nunha dialéctica de tipo binario. Desenvolveu esta teoría en Abstraktion und Einfühlung (Abstracción e empatía, 1908).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Aachen

  • Deceso

    Lugar : Múnic