Wuzhou
Wuzhou
Cidade do zizhqu de Guangxi Zhuang, China, na rexión do Centro-sur (210.452 h [1990]). Situada na confluencia do Xi Jiang co Gui Jiang, é un importante porto fluvial. Ten industria diversificada. Ata 1946 chamábase Cang Wu ou Ts’ang-wu.