WWF

WWF

Organización ecoloxista internacional dedicada ao coidado e á conservación da natureza. Fundada en Zúric en 1961 co nome de World Wildlife Fund, ten a súa sede en Gland (Suíza). Os seus obxectivos son impedir a degradación do medio e a conservación dos recursos naturais e da diversidade biolóxica. Leva a cabo as súas accións en España por medio da súa sección WWF/Adena (Asociación para la defensa de la naturaleza), constituída en 1968, e con sede en Madrid.

Palabras veciñas

Wuxing | Wuyi Shan | Wuzhou | WWF | wyandot | Wyat, Thomas | Wyatt, James