Rey Nóvoa, José Manuel
Xornalista e técnico en programación de radio e televisión. Conselleiro delegado de Telecable Compostela, Edicións Correo e Anova Multiconsulting, conselleiro de Ondas Galicia e membro fundador da Axencia Galega de Noticias (AGN). Formado no Centro Superior de Estudios Aplicados de Madrid e na facultade de Ciencias Económicas da USC, foi redactor e xefe de programación da emisora La Voz de Lugo e delegado de El Progreso. Na década de 1970 exerceu como cronista de El Correo Gallego e La Noche, así como noutros diarios e semanarios. Tamén foi correspondente de EFE en Lugo. En 1968 incorporouse a El Correo Gallego como redactor-delegado de Ferrol, ao ano seguinte foi nomeado xerente e dous máis tarde conselleiro-delegado. En 1984 foi nomeado director de El Correo Gallego, labor que compaxinou coa dirección de O Correo Galego (1994-2003), ata a súa conversión en Galicia Hoxe. Durante todos estes anos foi un dos impulsores da renovación tecnolóxica dos xornais do grupo, que obtivo nos últimos dez anos máis dun centenar de premios xornalísticos, como o Reina Sofia de Drogodependencias e o Ortega y Gasset de El País. Dos seus galardóns cómpre salientar o nomeamento de fillo predilecto (1987) de Monforte de Lemos, Lucense do Ano (1989), o Gran Cordón do Distrito Federal de Caracas (1992), a medalla ao Mérito Aeronáutico (1994), o premio xornalístico da axencia EFE e o premio Diego Bernal da Asociación da Prensa de Galicia. É autor de Pantón, capital gallega del Románico.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Monforte de Lemos