Klebs, Edwin

Klebs, Edwin

(Kaliningrad 1834 - Berna 1913) Médico alemán. Formulou claramente unha concepción etiopatolóxica da medicina na súa obra Allgemeine Pathologie (1887-1889), onde presentou as enfermidades infecciosas como o resultado dunha loita entre dous seres vivos: o microbio e a célula. Descubridor do bacilo da difteria, foi considerado un dos fundadores da bacterioloxía médica, xunto con Pasteur e Koch.

Palabras veciñas

Klamath | Klaproth, Martin Heinrich | Klarälven | Klebs, Edwin | Klebsiela | Klee, Paul | kleenex*