Klebsiela
Klebsiela
[MONERA]
Xénero de bacterias Gram-negativas, sen motilidade, da familia das enterobacteriáceas, con cepas que viven sobre o solo e a auga, aínda que se atopan tamén como parasitos e patóxenos de animais e do home. Son capsuladas e teñen forma de bastóns convexos. Destaca pneumoiae, que produce pneumonía e infeccións do tracto urinario humano.