Knorr, Karen
Knorr, Karen
(Frankfurt 5.1.1954) Fotógrafa alemana. Estudiou belas artes en París, e imaxe e fotografía nas universidades de Westminster e Derby. Exerce como profesora na Contemporary Photographic Practice do colexio de Printing (Londres). Individualmente, expuxo no Musee d’Art Moderne de la Ville de Paris (1987) e, de forma colectiva, participou na IV e VII Fotobienal de Vigo (1990 e 1996).