Kopit, Arthur Lee
Kopit, Arthur Lee
(Nova York 1937) Dramaturgo. Foi autor dunha obra na que se deixa sentir a influencia europea no plano formal e que no plano dos contidos se centra nunha crítica da sociedade estadounidense. Destacan os libros Ai, pai, pobre pai, a nai colgoute no armario e eu estou tan triste (1962), O día en que as putas se puxeron a xogar ao tenis (1964), Indios (1968) ou A fin do mundo (1984). Outros textos seus, máis centrados nas problemáticas individuais, son Música de cámara (1965) ou Alas (1978).