Díaz Pérez, Viliulfo Aníbal
Avogado. Licenciado en Dereito e Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidad Pontificia de Comillas - ICADE (Madrid), é Auditor de Contas, Técnico Superior en Prevención de Riscos Laborais, vogal da Asociación Nacional de Abogados Laboralistas, membro de número da Asociación Española de Asesores Fiscales e Socio de Hispaiuris, A.I.E. No ámbito profesional, no que está considerado un dos profesionais de maior prestixio nos ámbitos xurídico e económico a nivel nacional, é Socio Fundador de Viliulfo Díaz Abogados y Asesores Tributarios, así como socio maioritario de Iberaudit Auditores Cantábrico, do grupo de ámbito nacional Iberaudit Auditores. Así mesmo, participa na sociedade Asesor Player’s, dedicada ao asesoramento de deportistas profesionais de elite. Foi profesor de Contabilidade e Estatística na Universidad Pontificia de Comillas (ICADE) (1968-1969); no Instituto de Ciencias Empresariais de Vigo, como xefe de estudos e profesor de Dereito Laboral (1969-1971); na Universidad Laboral de Gijón, como secretario técnico do Instituto de Ciencias Sociales del Trabajo, profesor de Contabilidade e xefe de estudos (1972-1975), reitor (1978-1985), e profesor titular de Ciencias Empresariais (1976-1990); e profesor de Contabilidade (1976-1982) na Facultade de Ciencias Económicas da Universidad de Oviedo como. Desde 1990 é profesor numerario do Departamento de Contabilidade e Auditoría de Contas da Universidad de Oviedo e da Área de Contabilidade e Auditoría de Contas da U.N.E.D., de cuxo Centro Asociado en Asturias foi fundador e primeiro director. Igualmente, foi o fundador da Escuela de Práctica Jurídica de Gijón e do Máster en Técnica Fiscal do Instituto Universitario de Empresa da Universidad de Oviedo, nos que segue colaborando en calidade de relator. Foi membro de tribunais de oposicións, colaborador de diversas publicacións xurídicas e económicas como autor de artigos doutrinais e participante habitual en conferencias e seminarios do sector. Recibiu o Premio de Mellor Avogado Laboralista (2005), que lle outorgou a Asociación Nacional de los Abogados Laboralistas de España.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Vigo