Fernández Díaz, Xosé Carlos
Enxeñeiro e escritor. Despois de estudar o bacharelato na súa cidade natal marchou a Madrid, onde se licenciou en Enxeñería Técnica de Obras Públicas, especialidade de Construcións Civís (1972). Dende entón traballou en diversas empresas relacionadas coa construción e a enerxía, tanto de España coma en América do Sur e do resto de Europa. Gran afeccionado ao mundo do ferrocarril, nos seus estudos aplica os coñecementos técnicos na análise da situación do tren, concretamente en Galicia. Ademais das obras públicas de infraestruturas e liñas de alta velocidade, ou mantemento de redes convencionais, tamén centra as súas investigacións nos servizos das empresas RENFE e Feve, que critica reiteradamente cun criterio independente. Colaborador de diversos medios de comunicación, publicou El Ferrocarril en Galicia. Pasado, presente y futuro (2006), obra de referencia para o coñecemento do mundo do ferrocarril galego.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Ourense