afogado -da

afogado -da

(< afogar)

  1. p reg

    de afogar.

  2. adx

    Que é un lugar pequeno, moi estreito e con pouca ventilación.

    Ex: Estaban nun local tan afogado que apenas podían respirar. 

    Sinónimos: asfixiante.
  3. s

    Persoa que se angustia ante a dificultade.

    Ex: É unha afogada e non se lle dan nada ben facer exames orais. 

  4. s

    Persoa que morreu por falta de respiración, especialmente os mortos na auga.

    Ex: No naufraxio daquela embarcación houbo moitos afogados. 

  5. adx

    Aquela voz que se produce con dificultade.

    Ex: Desfeita en bágoas só lle saían palabras afogadas.

Frases feitas

  • Estar afogado. Ter moito traballo. Ex: Non sae case nunca porque está afogado cos exames.

Palabras veciñas

Afogada | afogadizo -za | afogado -da | afogado -da | afogador -ra | afogamento | afogar