afogar

afogar

(< lat offocāre ‘apertaras queixadas’ < focare < fauces ‘gorxa’)

  1. v t

    Matar a unha persoa ou animal impedíndolle respirar.

    Ex: Afogárona cunha corda esta pasada noite.

    Sinónimos: esganar, estrangular. Confrontacións: asfixiar.
  2. v t

    Facer complicada a respiración dun animal ou persoa.

    Ex: Non o afogues que aínda lle vas provocar dano.

    Sinónimos: abafar, asfixiar, atafegar, sufocar.
  3. v pron

    Matarse un mesmo impedíndose a respiración.

    Ex: Afogouse coa gravata.

  4. v i

    Morrer de xeito involuntario na auga.

    Ex: O seu can afogou cando caeu no mar. Afogou mentres facía pesca submarina ó carón das Cíes.

  5. v t

    Facer que unha cousa deixe de aparecer ou existir.

    Ex: Afogaron todo intento de recuperación da empresa.

  6. v i

    Ter sensación de afogo ou de perda de respiración.

    Ex: Marchou do velorio porque afogaba coa calor.

    Sinónimos: abafar, acorar. Antónimos: desabafar. Confrontacións: alasar, ampear, bafexar.

Frases feitas

  • Afogar a semente. Non reproducirse a semente.

  • Afogar coa xente. Estar incómodo nun lugar no que hai moita xente.

  • Afogar de calor. Ir moita calor.

  • Afogar en pouca auga/nun vaso de auga. Sentirse derrotado ante un pequeno obstáculo.

Palabras veciñas

afogado -da | afogador -ra | afogamento | afogar | Afognak | afogo | afogueirar
Conxugar
VERBO afogar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
afogo
afogas
afoga
afogamos
afogades
afogan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
afogaba
afogabas
afogaba
afogabamos
afogabades
afogaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
afoguei
afogaches
afogou
afogamos
afogastes
afogaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
afogara
afogaras
afogara
afogaramos
afogarades
afogaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
afogarei
afogarás
afogará
afogaremos
afogaredes
afogarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
afogaría
afogarías
afogaría
afogariamos
afogariades
afogarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
afogue
afogues
afogue
afoguemos
afoguedes
afoguen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
afogase
afogases
afogase
afogasemos
afogasedes
afogasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
afogar
afogares
afogar
afogarmos
afogardes
afogaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
afoga
-
-
afogade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
afogar
afogares
afogar
afogarmos
afogardes
afogaren
Xerundio afogando
Participio afogado
afogada
afogados
afogadas