abafar

abafar

(< bafo)

  1. v t

    Impedir ou atrancar a respiración a alguén.

    Ex: A calor do verán abafábaa.

    Sinónimos: acorar, afogar, asfixiar, atafegar, sufocar. Antónimos: desabafar, desafogar.
  2. v t

    Cubrir de bafo calquera obxecto ou elemento formado por vidro.

    Ex: Abafou o cristal co alento.

    Sinónimos: embazar. Antónimos: desembazar.
  3. v pron

    Coller infección unha ferida.

    Ex: Cortou un dedo co coitelo e días despois abafóuselle.

  4. v t

    Importunar a alguén teimando nunha petición.

    Ex: Non me abafes, cando teña tempo soluciono ese asunto.

    Sinónimos: acosar, molestar. Antónimos: desabafar.
  5. v t

    Causar vergoña a alguén ou maltratalo de palabra.

    Ex: O domingo abafouno na comida coas súas palabras.

    Sinónimos: avergonzar, avergoñar.
  6. v i

    Perder o alento despois de realizar un esforzo.

    Sinónimos: acorar, afogar, asfixiar, atafegar, sufocar. Confrontacións: alasar, ampear, arfar, arquexar, calmear, inar, folguexar, bafexar.

Palabras veciñas

abafallo | abafamento | abafante | abafar | abafo | abaixado -da | abaixador -ra
Conxugar
VERBO abafar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
abafo
abafas
abafa
abafamos
abafades
abafan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
abafaba
abafabas
abafaba
abafabamos
abafabades
abafaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
abafei
abafaches
abafou
abafamos
abafastes
abafaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
abafara
abafaras
abafara
abafaramos
abafarades
abafaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
abafarei
abafarás
abafará
abafaremos
abafaredes
abafarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
abafaría
abafarías
abafaría
abafariamos
abafariades
abafarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
abafe
abafes
abafe
abafemos
abafedes
abafen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
abafase
abafases
abafase
abafasemos
abafasedes
abafasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
abafar
abafares
abafar
abafarmos
abafardes
abafaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
abafa
-
-
abafade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
abafar
abafares
abafar
abafarmos
abafardes
abafaren
Xerundio abafando
Participio abafado
abafada
abafados
abafadas