alcanfor

alcanfor

(< ár al-kāfūr)

  1. s m [QUÍM]

    Substancia branca, cristalina e recendente, que se obtén a partir da madeira da canforeira, utilizada para resgardar a roupa da traza. É unha cetona terpénica existente nas dúas formas opticamente activas e na racémica. Obtense por destilación con arrastre de vapor da madeira da alcanforeira; desta maneira conséguese a forma dextróxira. A forma racémica obtense a partir do pineno. Os seus cristais desprenden un cheiro penetrante característico. É soluble en disolventes orgánicos e ácidos minerais. Emprégase como plastificante da celulosa e os seus éteres úsanse na fabricación de plásticos, sobre todo celuloide, lacas e vernices, en explosivos, pirotecnia e como bactericida en produtos farmacéuticos e cosméticos. A súa elevada constante crioscópica fai que sexa un solvente ideal para a determinación de pesos moleculares segundo o método de Rast. Inxectado en solución oleosa ( aceite alcanforado) actúa como estimulante cardíaco e respiratorio.

  2. [QUÍM]

    borneol levóxiro.

  3. [QUÍM]

    Derivado do alcanfor por substitución dun átomo de hidróxeno por un de bromo. Emprégase principalmente como sedante nervioso, antiespasmódico e anafrodisíaco.

Palabras veciñas

alcandora | alcandorca | alcanfor | alcanfor | alcanforar | alcanforeira | Alcañiz