Alcañiz

Alcañiz

Concello da provincia de Teruel, Aragón, á beira do Guadalupe (12.679 h [1996]). Industrias derivadas da agricultura e de material refractario. Ten pinturas rupestres nas que se poden recoñecer as catro fases da arte rupestre levantina. Ramón Berenguer lV de Barcelona reconquistouno definitivamente no 1157. Afonso l de Aragón cedeu Alcañiz aos cabaleiros de Calatrava, que estableceron alí a encomenda de Aragón. Carlos I concedeu no 1526 unha Carta Magna que independizaba a vila da tutela dos cabaleiros. Os privilexios e as franquicias foron suprimidos no 1591. O castelo domina a vila. Lonxa (s XV). Colexiata comezada no 1736.