antonomasia

antonomasia

(< gr ἀντονομασία ‘chamarcon nome distinto’ < ἀντί ‘en lugar de’ + ὅνομα ‘creación’)

s f [LING]

Figura retórica consistente no uso dun epíteto, título oficial, etc, en lugar do nome propio dunha persoa, como cando se di o Apóstolo por Santiago Apóstolo; ou, de xeito inverso, o uso dun nome propio en lugar dun apelativo, como cando a un gran pintor lle chamamos un Laxeiro.

Frases feitas

  • Por antonomasia loc adv Indica que unha calidade é máis propia dunha persoa ou cousa ca de ningunha outra. Ex: A chuvia é a característica do clima galego por antonomasia. CFR: por excelencia.