Antonioni, Michelangelo

Antonioni, Michelangelo

Realizador cinematográfico italiano. Formouse na universidade de Boloña e nos seus comezos traballou como asistente de cine. Nos seus filmes a peripecia argumental esvaécese en beneficio do tempo e a representación concreta substitúe a descrición. Destacan as películas: Cronaca di un amore (Crónica dun amor, 1950), L’avventura (A aventura, 1960), Blow Up (1966), Profession: reporter (Profesión: reporteiro, 1975), Il mistero di Oberwald (O misterio de Oberwald, 1980) e Identificazione di una donna (Identificación dunha muller, 1982). No 1995 recibiu un Oscar honorífico.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Ferrara

  • Falecemento

    Lugar : Roma