Ararat

Ararat
Nome científico: [turco: Agri Dagi]

Macizo volcánico do altiplano anatolioiraniano, dentro do territorio histórico de Armenia, é o punto de división entre os actuais estados de Armenia, Turquía e Irán. Álzase ata a rexión das neves permanentes en dous picos: Büyük Agri Dagi (5.165 m de alt) e Küçük Agri Dagi (3.925 m de alt). A tradición fixo que aparecese como o lugar onde permaneceu a arca de Noé tralo Diluvio.