arredor
arredor
(< a + redor)
-
adv l
Espacio máis ou menos extenso que rodea a unha cousa ou persoa.
Ex: Arredor do cadaleito estaban todos os familiares dándolle o derradeiro adeus.
Sinónimos: darredor, derredor, redor. -
s
m
Franxa estreita de terreo que se deixa sen cultivar para marcar o lindeiro ou servir de paso entre dúas leiras.
Sinónimos: arró, cómaro. -
s
m
Espacio que rodea a un núcleo de poboación.
Ex: Vivimos nos arredores da Coruña.
Sinónimos: aforas, alfoz, periferia, veciñanza.
Frases feitas
-
arredor de 1 loc prep Que circunda toda a parte exterior de algo e que lle dá toda a volta. SIN: Darredor de, derredor de, ao redor de. Ex: Arredor do castelo de Pambre hai unha muralla do s XV. 2 loc prep Indica tempo ou cantidade aproximada. SIN: aproximadamente, darredor de, ao redor de. Ex: Que hora é? Han de ser arredor das tres.