arribada

arribada

(< arribar)

  1. s f

    Acción e efecto de arribar.

  2. s f

    Chegada dunha embarcación a porto.

    Ex: A arribada dos cargueiros ó porto producía unha grande axitación na vila.

Frases feitas

  • Estar/vir de arribada. Estar atracado ou dirixirse un barco a porto por causa dun temporal. Ex: O Vieirasa está de arribada nun porto irlandés por mor do forte temporal.