1 cando

1 cando

(< latquando)

  1. adv
    1. Forma que se utiliza con valor interrogativo tanto en oracións interrogativas directas (

      Ex: Cando rematou a carreira?) coma nas indirectas (Ex: Pregúntalle cándo vén) para preguntar en qué momento ou en qué época acontece ou se sitúa algunha cousa. OBS: Se cando introduce unha interrogativa indirecta debe levar acento gráfico (Ex: Dime cándo queres ir). 

    2. Forma usada ocasionalmente con valor exclamativo para indicar en qué tempo ou en qué momento (

      Ex: Cando comezaran as vacacións!). 

    3. Forma que se refire nunha oración a un antecedente de tempo (

      Ex: Aqueles anos cando iamos de esmorga). O máis xeral é o emprego de en que ou n(o,a,os,as) que (Ex: Aqueles anos en/nos que iamos de esmorga). 

  2. conx

    Palabra que introduce unha oración que expresa o momento en que se realiza a acción do verbo da oración principal (

    Ex: Estudiaba primeiro de empresariais cando eu comezaba o proxecto). 

  3. conx

    Palabra que introduce unha condición cunha referencia temporal (

    Ex: Heiche contar o que sei cando eu o decida).

Frases feitas

  • Cando as pitas cacarexan, algo senten. Existir un motivo para as murmuracións ou as sospeitas.

  • Cando estean os paxaros preñados/mexan as galiñas. Nunca.

  • Cando as ras críen pelo. Expresión que indica que algunha cousa é imposible de realizar.

  • Cando con nordeste chove, hasta as pedras move. Cando chove e o vento é de nordés o mar está bravo.

  • Cando máis. Ao sumo.

  • Cando menos. Polo menos.

  • Cando non. En caso contrario, doutra sorte.

  • Cando o demo chisca o ollo. Rapidamente, nun momentiño.

  • Cando sexas pai comerás ovos. Todo acaba chegando.

  • Cando vén unha non vén soa/veñen todas. As desgracias veñen todas xuntas.

  • De cando en vez/de vez en cando/de cando en cando. Ás veces, algunha que outra vez. Ex: Ao cine só vou de cando en vez.

  • Sempre e cando. Coa condición de que se cumpra o que se expresa. Ex: Participarás na carreira, sempre e cando consigas a mellor marca.