1 cando
(
-
adv
-
Forma que se utiliza con valor interrogativo tanto en oracións interrogativas directas (
Ex: Cando rematou a carreira?) coma nas indirectas (Ex: Pregúntalle cándo vén) para preguntar en qué momento ou en qué época acontece ou se sitúa algunha cousa. OBS: Se cando introduce unha interrogativa indirecta debe levar acento gráfico (Ex: Dime cándo queres ir).
-
Forma usada ocasionalmente con valor exclamativo para indicar en qué tempo ou en qué momento (
Ex: Cando comezaran as vacacións!).
-
Forma que se refire nunha oración a un antecedente de tempo (
Ex: Aqueles anos cando iamos de esmorga). O máis xeral é o emprego de en que ou n(o,a,os,as) que (Ex: Aqueles anos en/nos que iamos de esmorga).
-
-
conx
Palabra que introduce unha oración que expresa o momento en que se realiza a acción do verbo da oración principal (
Ex: Estudiaba primeiro de empresariais cando eu comezaba o proxecto).
-
conx
Palabra que introduce unha condición cunha referencia temporal (
Ex: Heiche contar o que sei cando eu o decida).
-
Renovo do castiñeiro.
Frases feitas
-
Cando as pitas cacarexan, algo senten. Existir un motivo para as murmuracións ou as sospeitas.
-
Cando estean os paxaros preñados/mexan as galiñas. Nunca.
-
Cando as ras críen pelo. Expresión que indica que algunha cousa é imposible de realizar.
-
Cando con nordeste chove, hasta as pedras move. Cando chove e o vento é de nordés o mar está bravo.
-
Cando máis. Ao sumo.
-
Cando menos. Polo menos.
-
Cando non. En caso contrario, doutra sorte.
-
Cando o demo chisca o ollo. Rapidamente, nun momentiño.
-
Cando sexas pai comerás ovos. Todo acaba chegando.
-
Cando vén unha non vén soa/veñen todas. As desgracias veñen todas xuntas.
-
De cando en vez/de vez en cando/de cando en cando. Ás veces, algunha que outra vez. Ex: Ao cine só vou de cando en vez.
-
Sempre e cando. Coa condición de que se cumpra o que se expresa. Ex: Participarás na carreira, sempre e cando consigas a mellor marca.