carena

carena

(< lat carina ‘quilla danave’)

  1. [MAR]
    1. s f

      Parte somerxida do casco dun buque ou embarcación.

    2. s f

      Reparación que se realiza no casco dun barco tumbándoo ou varándoo.

    3. carena líquida

      Líquidos que teñen liberdade para moverse no interior do barco, xa sexa nos seus fondos, nos tanques de auga ou nos de combustible. As inercias que producen estes líquidos diminúen a estabilidade da embarcación, e por este motivo os tanques deben estar sempre cheos ao máximo.

    4. centro da carena

      Centro de gravidade da parte somerxida dun barco. As posicións deste centro e mais do de gravidade do buque determinan a estabilidade do mesmo.

  2. s f [ANAT]

    Parte ou órgano en forma de quilla, concretamente a parte saínte do esterno e o ángulo de bifurcación da traquea.

  3. s f [BOT]

    Estrutura vexetal en forma de quilla, como os pétalos inferiores da corola das fabáceas ou das poligaláceas.

  4. s f [ARTE]

    Flexión angular da parede dunha vasilla.

  5. s f

    Estado de embriguez motivado por un consumo excesivo de bebidas alcohólicas.

    Ex: Coa carena que tiñan case caen da ponte abaixo.

    Sinónimos: bebedela, borracheira, chispa.

Frases feitas

  • Levar unha carena. Aguantar un traballo moi duro e pesado. Ex: Pensaba pasar un verán relaxado pero ao final levouche unha boa carena.