Carena ou Quilla

Carena ou Quilla
[ASTRON]

Constelación austral situada entre a Popa, a Vela, o Centauro, o Camaleón, o Peixe voador e o Cabalete de Pintor. Está formada por 206 estrelas visibles para o ollo humano, entre as que están unha de primeira magnitude, tres de segunda e tres de terceira. A principal é α-Carinae ou Canopus, que é unha estrela superxigante de magnitude aparente -0,86 e situada a unha distancia de 365 anos luz. Antigamente se consideraba parte da constelación de Argón.

Palabras veciñas

Carelle, San Lourenzo de | carena | carena | Carena ou Quilla | carenada | carenado -da | carenadoiro