3 coma

3 coma

(< lat comma < gr κὀμμα ‘corte, parte dun período’)

  1. s f
    1. Signo de puntuación (,) que marca unha pequena pausa de pouca duración que se produce dentro dun enunciado.

    2. Signo matemático, que ten a mesma forma ca o signo de puntuación (,), que se emprega para separar, nunha fracción decimal, a parte decimal da parte enteira.

      Ex: 519,834, onde a coma separa as 519 unidades das 834 milésimas. OBS: Algunhas notacións empregan o punto (.) no lugar da coma. Ex: 519.834.

  2. [INFORM]
    1. coma fixa

      Notación numérica na que a posición das unidades se supón sempre fixa; por exemplo, coincidindo coa cifra menos significativa do número (neste caso todo número representa un enteiro).

    2. coma flotante

      Notación numérica que representa un número z como produto xby, onde x (mantisa) é xeralmente fraccionaria, y (característica ou expoñente) é sempre enteira e b (base) é un enteiro positivo normalmente implícito. Neste sentido a mantisa representaría as cifras significativas mentres que a característica informa sobre a posición da coma.

  3. s f [MÚS]
    1. Intervalo de fraccións do ton. Considérase o intervalo de ton enteiro dividido en nove comas (dez, segundo algúns) e tamén se aplica a algunhas outras fraccións de ton (coma pitagórica, coma sintónica).

    2. Na notación da música vogal e instrumental, signo (’) indicador das respiracións ou das pequenas separacións de sentido.

Frases feitas

  • Con puntos e comas. Con todos os detalles. Ex: Explicou o sucedido con puntos e comas.

Palabras veciñas

1 coma | 2 coma | 3 coma | 3 coma | 4 coma | Comacini, os | comadre