3 coma
(< lat comma < gr κὀμμα ‘corte, parte dun período’)
-
s
f
-
Signo de puntuación (,) que marca unha pequena pausa de pouca duración que se produce dentro dun enunciado.
-
Signo matemático, que ten a mesma forma ca o signo de puntuación (,), que se emprega para separar, nunha fracción decimal, a parte decimal da parte enteira.
Ex: 519,834, onde a coma separa as 519 unidades das 834 milésimas. OBS: Algunhas notacións empregan o punto (.) no lugar da coma. Ex: 519.834.
-
-
[INFORM]
-
coma fixa
Notación numérica na que a posición das unidades se supón sempre fixa; por exemplo, coincidindo coa cifra menos significativa do número (neste caso todo número representa un enteiro).
-
coma flotante
Notación numérica que representa un número z como produto xby, onde x (mantisa) é xeralmente fraccionaria, y (característica ou expoñente) é sempre enteira e b (base) é un enteiro positivo normalmente implícito. Neste sentido a mantisa representaría as cifras significativas mentres que a característica informa sobre a posición da coma.
-
coma fixa
-
s
f
[MÚS]
-
Intervalo de fraccións do ton. Considérase o intervalo de ton enteiro dividido en nove comas (dez, segundo algúns) e tamén se aplica a algunhas outras fraccións de ton (coma pitagórica, coma sintónica).
-
Na notación da música vogal e instrumental, signo (’) indicador das respiracións ou das pequenas separacións de sentido.
-
Frases feitas
-
Con puntos e comas. Con todos os detalles. Ex: Explicou o sucedido con puntos e comas.