1 coma

1 coma

(

  1. s m [PAT]

    Cadro clínico caracterizado por unha perda profunda da consciencia, con imposibilidade de espertar o paciente malia que o estimulen. Prodúcese cando se altera a interacción normal entre os hemisferios cerebrais e o sistema reticular activador do tronco cerebral. As súas causas poden agruparse en: lesións do encéfalo, lesións do tronco cerebral, lesións cerebrais difusas e metabólicas e trastornos psiquiátricos. Ademais da perda de consciencia, os síntomas e os signos do coma son diversos; algúns están relacionados coa causa e outros coa gravidade do cadro. Os antecedentes do enfermo, a instauración brusca ou progresiva da afección, os síntomas e signos apreciados por outras persoas no momento da instauración, e os datos da exploración física e de laboratorio son fundamentais para establecer un diagnóstico e un prognóstico do coma.

  2. coma crónico [PAT]

    Estado de coma de meses ou anos de evolución nos que o paciente presenta unicamente unha vida vexetativa, aínda que abre os ollos e realiza ciclos completos de vixilia-sono. Obsérvase, sobre todo, en casos de traumatismo cranial e anoxia.

  3. coma irreversible/coma profundo [PAT]

    Estado de coma, diferente ao xerado polas intoxicacións medicamentosas, no que durante doce horas o enfermo está incapacitado para respirar espontaneamente, realizar calquera movemento voluntario e para responder a estímulos dolorosos; ademais, está falto de reflexos craniais e mostra un electroencefalograma plano. Conduce irremediablemente á morte cerebral.

  4. coma víxil [PAT]

    Coma no que o enfermo, inconsciente, permanece cos ollos abertos e fixos e coa cara inexpresiva.

Palabras veciñas

2 com | COM | com- | 1 coma | 2 coma | 3 coma | 3 coma