comadre
(< lat ecles commātre < cum ‘con’ +matre ‘nai’)
-
s
f
Madriña dunha persoa con relación aos pais ou ao padriño.
Ex: A madriña da súa filla é a súa comadre.
-
s
f
Nai dunha persoa con relación ao seu padriño ou á súa madriña.
Ex: Criouse cos padriños cando emigrou a súa comadre.
-
s
f
Muller moi amiga e de moita confianza con respecto a outra muller, coa que mantén un trato asiduo. Na tradición recóllense ditos como: “A comadre andadora en todas as casas é murmuradora. A miña comadre bota pola boca todo canto sabe. Comadre andadora, non hai sitio onde se non vexa. Comadres e veciñas, ás veces rifan e ás veces moi amiguiñas. Como estades, comadre? Ao voso servicio, señor compadre. Día de Corpus, miña comadre, pásalle o touporroupou pola rúa. Máis vai na comadre que na que o pare. Mal me queren as comadres cando se din as verdades. Vin poucas mulleres cal miña comadre, todos a enganala e non hai quen a engane”.
Ex: Convertéronse en comadres desde que viven porta con porta.
-
[ETN]
-
s
f pl
Boneco feito de palla e trapos vellos que se queima o xoves de Entroido.
-
xoves de comadres
Festa que, xunto ao xoves de compadres, se celebra en Galicia e noutras partes de Europa o xoves de Entroido. Neste día enfróntanse compadres e comadres, é dicir, homes e mulleres. A loita tradicional entre os sexos desénvolvese por medio de cancións e tamén cun boneco de palla e trapos, que é de sexo masculino (compadre) ou feminino (comadre), dependendo de a quen lle toque defendelo. Nalgunhas parroquias, o xoves de comadres os mozos confeccionan a comadre e tratan de queimala vencendo a resistencia das mulleres ou, simplemente, coidan dela para que as mulleres non llela rouben. O xoves de compadres o ritual desenvólvese ao revés.
-
s
f pl
Refráns
- A comadre andadora en tódalas casas é murmuradora.
- Máis vai na comadre que na que o pare.
- Rifan as comadres, cando se din as verdades.