como

como

(< latquōmŏdŏ ‘de que modo’)

  1. adv
    1. Da maneira que (

      Ex: Faino como che pareza). 

    2. Da mesma maneira que (

      Ex: Compórtase como un cagainas). 

  2. adv

    Forma empregada con valor interrogativo tanto en oracións interrogativas directas (

    Ex: Como arranxaches o ordenador?) coma indirectas (Ex: Temos que decidir cómo repartimos o premio) para preguntar polo modo ou maneira de realizar algu-nha cousa. OBS: Se como introduce unha interrogativa indirecta debe levar acento gráfico. (Ex: Quero saber cómo pensas resolver o problema). 

  3. adv
    1. Forma empregada en oracións exclamativas para indicar distintos estados de ánimo, como sorpresa ou admiración (

      Ex: Como me gusta isto! Como gañaron o partido!). OBS: Se como introduce unha exclamativa indirecta debe levar acento gráfico (Ex: Cómo cantaba aquela muller). 

    2. Forma empregada en oracións exclamativas que expresa cantidade ou intensidade (

      Ex: Como chovía hoxe pola mañá! Como estudiou para aprobar o exame! Como lle custou superar os seus problemas de autoestima!). OBS: Se como introduce unha exclamativa indirecta debe levar acento gráfico (Ex: Cómo corre para chegar á meta). 

      Sinónimos: case.
  4. adv

    Forma que indica unha cantidade aproximada (

    Ex: Debeu repasar a lección como unhas dez veces. Cantou o mesmo tema como tres veces). 

  5. adv

    En calidade de, facendo de ou sendo aquilo que se expresa (

    Ex: Asistiu ó congreso como conferenciante. Como enxeñeiro é moi rigoroso co seu traballo). 

  6. pron rel

    Forma relativa de valor modal que fai referencia a un antecedente que expresa ‘modo’, ‘xeito’ ou ‘maneira’ (

    Ex: O modo como o fixo non me gustou nada. A maneira como cho dixo non foi a adecuada). OBS: Acompañado do verbo ser tamén marca un complemento de modo (Ex: Así é como hai que facelo. Coa súa gran forza de vontade foi como acadou o éxito). 

  7. conx

    Une dous elementos entre os que se establece unha comparación de igualdade (

    Ex: Xoán non é tan parvo como eu pensaba. O seu vestido é como o de Mariña). O seu uso é obrigatorio cando precede a un predicado verbal en forma persoal (Ex: Fíxoo como eu o facía hai vinte anos), agás que a cláusula do segundo termo da comparación vaia introducida por determinados nexos, como se, cando ou relativos que, quen, onde, xa que nestes casos tamén se pode empregar coma (Ex: Volveu despois de vinte anos e todo seguía como/coma cando marchara. Díxomo como/coma se fose cuestión de vida ou morte); nos demais casos, salvo que o segundo termo da comparación sexa un pronome persoal (Ex: É tan espelido coma ti), pode alternar o uso con coma (Ex: Colleu tantos bocadillos como/coma bebidas. Gústame tanto estudar como/coma traballar). OBS: Debe terse en conta que só se pode utilizar como cando a expresión ten valor modal (Ex: Faino como vexas). Nalgúns exemplos a distinción entre o valor modal e o valor comparativo é difícil de discernir; nestes casos, cando o valor equivale a ‘igual ca’ debe utilizarse coma (Ex: Saudoume coma unha celebridade), pola contra, se equivale a ‘segundo’, ‘conforme’ ou ‘en calidade de’ debe utilizarse como (Ex: Actúa como che diga a túa conciencia. Recibíronme como un experto na materia. Como lexicógrafo o seu labor foi recoñecido tardiamente). 

  8. conx

    Introduce unha causa (

    Ex: Como non tiñamos os cartos, non puidemos pagar. Como gañou o premio, convidounos a unha cea). 

  9. conx

    Introduce unha condición (

    Ex: Como non traias a túa parte non reclames nada despois. Como non comas, non vas medrar). OBS: Como pode reforzarse coa forma se cando o segundo termo da comparación está constituído por unha cláusula que introduce un valor condicional (Ex: Reaccionou como se se sorprendese do que estaba a ver).

Frases feitas

  • Como beber con uvas. Expresa que algunha cousa desagrada.

  • Como caian as pesas. Demostrar preferencia nun asunto segundo as circunstancias.

  • Como Deus manda. Ben feito, segundo unha norma.

  • Como ir á/de caza sen can. Perder o tempo.

  • Como pedrada en ollo de boticario. Pondera algo que é axeitado no que que se está a falar.

  • Como queira que. De calquera xeito que, sen importar o modo que. Ex: Como queira que o fagas, debe estar rematado antes de dous meses.

  • Como quen di. Aproximadamente, máis ou menos. Ex: Es, como quen di, un chaíñas.

  • Como se bateran en estopa. En balde.

  • Como se cantara/ladrara un can. Indica indiferenza ante algunha cousa.

  • Como se tal cousa. Como se non pasase nada. Ex: El, despois, sentouse alí como se tal cousa.

  • Como unha agra aberta. De dominio público.

  • Como unha chispa/un lóstrego. Moi rápido. Ex: Foi como un lóstrego e chegou á casa en cinco minutos.

Palabras veciñas

Como | Como | Como | como | Como | cómoda | comodante