Como
Como
Lago glacial de Lombardia, Italia, ao pé dos Alpes, formado por unha antiga barreira morénica (146 km 2 ). Recibe as augas do río Adda, que tamén é emisario. Nas súas beiras hai diversos núcleos turísticos e comerciais, entre os que destacan Lecco e Como.